Para evitar desprazamentos e facilitar a atención e recollida de mercancía decidimos cambiar o noso horario de apertura.
De luns a venres de 8h a 14h. E ademáis os xoves de 16:00h a 19:30h
Seguimos atendendo por teléfono e por correo electrónico, e se finalmente precisas vir, mellor que nos chames antes por teléfono para que non teñas que agardar.
Estivemos ocupados dabondo estes meses para procurar darvos o mellor servizo.
A pesares dos duros momentos que estamos a vivir con moitos dos nosos amigos afectados dunha forma ou outra, dende Serigal somos optimistas e entre todos sairemos adiante xa pensando en recuperar moitos dos 2021 os sorrisos, bicos e as apertas que perdemos no 2020.
Ánimo aos que traballades a reo en sectores esenciais da alimentación, comercio, industrias, seguridade, sanidade, comunicación, educación, distribución e demáis autónomos que coa vosa dedicación axudades a manter uns servizos e atencións esenciais.
E moitos ánimos tamén ós bares, restaurantes, cafeterías, orquestras, espectáculos, asociacións culturais que tedes que pechar e agardar por un tempo máis.
Por mor da situación actual e seguindo as recomendación sanitarias, queremos sumarnos á responsabilidade.
Seguiremos atendendo a través do teléfono 986510354 e do correo pedidos@serigal.es.
Se tes pendente de recoller algún encargo, chama antes por teléfono para facilitarche a entrega.
Por outra banda, estaremos pendentes dos avisos das autoridades e dos cambios que podan surxir nos vindeiros días e cando a situación volte a normalidade retomaremos o noso horario habitual.
Recorda seguir as recomendacións sanitarias. Pola seguridade túa, nosa e dos que están preto: #euquedonacasa #yomequedoencasa
Se tes algunha dúbida tamén podes enviarnos unha mensaxe a:
Un ano máis voltamos a ofrecervos unha amplia gama de artigos para a volta ó cole: libretas, estuches, bolígrafos, roupa marcada, e moitas cousas máis para no perder nada, empezar con bo pé e conxeguir os mellores resultados.
E para os maiores: axendas, libretas, usb, cargadores, etc…