Cambiamos o noso horario temporalmente

O equipo Serigal

Para evitar desprazamentos e facilitar a atención e recollida de mercancía decidimos cambiar o noso horario de apertura.

De luns a venres de 8h a 14h. E ademáis os xoves de 16:00h a 19:30h

Seguimos atendendo por teléfono e por correo electrónico, e se finalmente precisas vir, mellor que nos chames antes por teléfono para que non teñas que agardar.

Moitas gracias pola túa confianza e colaboración

O equipo Serigal.

Estamos co horario de verán

Desde a Festa da Auga e ata o 30 de agosto o noso horario é de 7 a 15 horas

pero podes seguir enviándonos unha mensaxe cando queiras

XXIII Festa da Arribada – Baiona

Os vindeiros 2, 3 e 4 de marzo celébrase en Baiona a XXIII Festa da Arribada, declarada de interese turístico nacional. Este ano celébranse os 525 anos da chegada da carabela  «La Pinta» a Baiona, que converteuse no primeiro pobo en coñecer o descubremento de América.

bolsa-algodc3b3n-handly.png

Bolsa 100% Algodón 21x24cm Handly Serigrafía

 

Durante toda esta semana haberá actividades culturales,  concertos e dende o venres ó domingo o tradicional mercado medieval.

Este ano volverá a habilitarse o aparcamento no Porto do Molle de onde sairán autobuses ata a Vila. Tamén haberá servicio de transporte marítimo dende Vigo e Panxón.

Xa alí, volveranse a establecer sentidos obrigatorios para a circulación peonil que estarán sinalados.

¡Non deixes pasar unha das máis importantes festas medievais da nosa Terra!

Podes atopar máis información en: https://www.facebook.com/events/175663299718676

2018_Festa_Arribada_Baiona

As vindeiras festas gastronómicas…

Coa chegada do Entroido, dase comenzo a tempada de festas gastronómicas da provincia de Pontevedra. Estas son as 20 salientadas por turismoríasbaixas.com

Temos un gran patrimonio gastronómico, ¡compárteo!

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Outubro

Festa de la Exaltación do Marisco, O Grove. Primeira quincena de outubro.

http://turismoriasbaixas.com

 

Volta o Festiclown 2017 a Vilagarcía

Do 10 ó 15 de Agosto chega ás rúas de Vilagarcía unha das edicións máis internacionais do Festival Internacional de Clowns de Galicia cun programa moi completo que fara as delicias dos que gostan rir e facer rir.

Xa, desde o día 9, empezan as actividades formativas.

Podes encontrar o programa completo en: http://www.festiclown.org

¡Pregúntanos!. Seguro que podemos axudarche.

Un novo éxito de participación na carreira noturna do Concello de Vilagarcía

A XIV Carrera Nocturna aconteceu o pasado 22 de Xullo polas rúas da cidade de #Vilagarcía cun éxito no número de participantes que superou os 400.

Os gañadores desta edición foron Miguel Penedo e María Yolanda Gutiérrez con dous magníficos rexistros.

Colaboraron na organización os clubes Atenas Runnin Club e o Atlética Mazí xunto coa Fundación deportiva municipal

Agora toca pensar na edición do próximo ano. En Serigal temos as últimas novidades en camisetas e prendas deportivas para que podas personalizalas co teu nome e co do teu clube. ¡Pídenos orzamento!

publicidade@serigal.com