Medidas preventivas en Serigal

Por mor da situación actual e seguindo as recomendación sanitarias, queremos sumarnos á responsabilidade.

Seguiremos atendendo a través do teléfono 986510354 e do correo pedidos@serigal.es.

Se tes pendente de recoller algún encargo, chama antes por teléfono para facilitarche a entrega.

Por outra banda, estaremos pendentes dos avisos das autoridades e dos cambios que podan surxir nos vindeiros días e cando a situación volte a normalidade retomaremos o noso horario habitual.

Recorda seguir as recomendacións sanitarias. Pola seguridade túa, nosa e dos que están preto: #euquedonacasa #yomequedoencasa

Se tes algunha dúbida tamén podes enviarnos unha mensaxe a:

A volta ó cole en Serigal

Un ano máis voltamos a ofrecervos unha amplia gama de artigos para a volta ó cole: libretas, estuches, bolígrafos, roupa marcada, e moitas cousas máis para no perder nada, empezar con bo pé e conxeguir os mellores resultados.

E para os maiores: axendas, libretas, usb, cargadores, etc…

Chámanos, ven visitarnos ou envíanos unha mensaxe

986 510354

¡Auga, Auga, Auga!

A Festa da Auga xa está aquí e non deixes as cousas para o final. Aproveita a nosas ofertas.

DIPTICO CARA EXTERIOR2019 - DIPTICO CARA INTERIOR

Chámanos ó 986 510 3543

ou envíanos unha mensaxe a pedidos@serigal.es

¡Xa chega!

A menos dunha semana da Festa da Auga prevese que faga bo tempo e poidamos disfrutar da Festa.

Recorda os avisos de protección civil e as recomendacións da policía local.

O último día para recoller as túas camisetas é o martes 14 de agosto. Non o deixes para o final e se aínda non as encargaches, chámanos e intentaremos botar unha man.

986 51 03 54

38003781_992914967556353_5128230924684623872_o

 

¡AUGA! ¡AUGA! ¡AUGA!

¡Xa queda pouco para a festa máis divertida, orixinal e refrescante de toda Galicia!

Non esperedes ó último día para pedir as vosas camisetas.

Trae as túas ideas, elixe a camiseta e nós nos encargamos do resto.

Chámanos ou ven visitarnos: 986 510 354

Envíanos as túas fotos máis divertidas coas camisetas que fixeches con nós e poderás conseguir algún dos regalos que sortearemos. Só tes que compartir a túa foto en instagram ou twitter etiquetando a @Serigal_4 co #FestaDaAuga

Se prefires facebook comparte no noso muro @serigal

*Fotos de La Voz de Galicia das Festas da auga 2017

A Hora da Terra

Este sábado 24 de 20:30 a 21:30 terá lugar unha nova Hora da Terra (Earth’s Hour) para concienciar sobre o uso dos recursos e invitar a millones de personas a tomar parte dunha acción pola natureza.

Todos podemos participar nesta Hora da Terra apagando todas as luces da casa, os dispositivos electrónicos e electrodomésticos.

Conéctate coa Terra:

#CONNECT2EARTH

https://www.earthhour.orgsky-earth-galaxy-universe.jpg

¿Estás preparado para o Entroido?

O entroido xa está aquí e estanse a preparar numerosas festas.

O concello de Vilagarcía organiza dende hai anos o certame de comparsas que recorrerá as rúas da cidade o martes.

Podes atopar máis información na web do concello: http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=9954

¡Ven a preparar o teu disfraz con nos!

Camisetas personalizadas, diseños, complementos, carteis y moito máis…